Wednesday 01 de May de 2024

Anunciadas as obras de mellora da estrada Ordes-Lanzá


 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de infraestruturas, iniciará esta semana as obras de mellora do firme na estrada AC-524 (estrada Ordes-Lanzá). Será no tramo que vai dende o casco urbano ata os accesos da autoestrada AP-9 e O Peñasco (límite con Frades). Os traballos executaranse ao longo dos case 20 quilómetros que pasan polos municipios de Ordes, Frades e Mesía. Tamén no tramo situado no municipio ordense da AC-408 (AC-524-Polígono Merelle), exactamente entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+580.
Estes traballos teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodadura naqueles treitos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento. As actuacións se complementarán cos traballos de reposición da sinalización horizontal e vertical e a colocación de captafaros reflectores nas marxes.